saltar ao contido

Pilar Rojo entrevístase co vicepresidente da República de Uruguai e presidente do Senado

​Tamén se reuniu co presidente da Cámara de Representantes  
<p class='clearfix'></p>

Relacións institucionais 13/05/2015

· Tamén se reuniu co presidente da Cámara de Representantes 
 
Montevideo, 12 de maio de 2015.-  A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, entrevistouse esta mañá (mediodía en España) co vicepresidente da República do Uruguai e presidente do Senado, Raul Sendic; e co presidente da Cámara de Representantes, Alejandro Sánchez, no transcurso dunha visita á sede do Palacio Lexislativo de Montevideo coa que deu por rematada a súa viaxe a ese país. 

Na conversa cos máximos representantes do poder lexislativo da República Oriental de Uruguai, Pilar Rojo explicou o funcionamento do Parlamento de Galicia. Tamén intercambiaron experiencias sobre o funcionamento das distintas Cámaras lexislativas e sobre as relacións entre Galicia e Uruguai.
 
A Asemblea Xeral de Uruguai está integrada por dúas Cámaras (Senado e Cámara de Representantes) e presidida polo vicepresidente da República, que tamén preside o Senado. O Senado está formado por 30 senadores e máis o vicepresidente (que o preside); mentres que da Cámara de Representantes forman parte 99 deputados.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina