saltar ao contido

Santalices avoga pola cooperación para que os avances científicos cheguen ás persoas

23/01/2026

​ 

Santalices avoga pola cooperación para que os avances científicos cheguen ás persoas

 

 

  • O presidente do Parlamento subliñou a importancia da biopsia líquida na detección precoz do cancro

 

 

Santiago, 23 de xaneiro de 2026. O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira,  avogou hoxe, na inauguración do XI Simposio de Biopsia Líquida, pola colaboración entre o ámbito clínico, a investigación e as administracións públicas para que «os avances científicos se traduzan en melloras reais para a vida das persoas».

 

Neste sentido, o xefe do Lexislativo precisou que a biopsia líquida representa hoxe un dos avances máis relevantes no ámbito da medicina de precisión como un dos tratamentos máis eficaces e menos invasivos na detección precoz do cancro.

 

Na súa intervención, Santalices quixo, ademais, recoñecer o traballo e o esforzo que realiza a diario o persoal da sanidade pública de Galicia, «un sistema sanitario público sólido e de profesionais de enorme prestixio».

 

Finalmente, lembrou que este simposio «consolida Santiago como punto de encontro de referencia en biopsia líquida e oncoloxía de precisión», cunhas xornadas nas que participan expertos nacionais e internacionais que permiten o intercambio de ideas e seguir impulsando novas iniciativas ao servizo da saúde e do benestar da sociedade.

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina