saltar ao contido

Santalices celebra o compromiso para impulsar o uso do galego nos camposantos e actos fúnebres

08/11/2025

Santalices celebra o compromiso para impulsar o uso do galego nos camposantos e actos fúnebres

 

 

  • O presidente valora o acordo asinado entre institucións públicas e relixiosas como un paso máis cara a plena normalización da lingua galega

 

 

Santiago, 8 de novembro de 2025.- O presidente da Cámara autonómica, Miguel Ángel Santalices Vieira, celebrou hoxe no acto conmemorativo do Día da Restauración da Memoria Lingüística, promovido pola  Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia (AFNLG), que se asinase unha declaración que compromete a institucións públicas e relixiosas coa divulgación e promoción da lingua galega en espazos coma cemiterios e actos fúnebres.

 

Para o xefe do Lexislativo autonómico, “esta declaración contribúe a avanzar no bo camiño", xa que permite ocupar lugares nos que non é habitual o emprego do galego, axudando así a acadar a normalización da lingua noutros ámbitos. Ademais, trátase dunha iniciativa que galeguiza as lápidas das persoas “que sempre viviron en galego e defenderon a lingua que nos identifica como pobo".

 

Na súa intervención, Santalices agradeceulle á AFNLG, ao Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA)e ao resto de institucións implicadas (Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Concello de Bande e as igrexas Católica e Evanxélica), o seu traballo polo acordo acadado e o seu compromiso co galego.

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación​​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina