saltar ao contido

Santalices reafirma o compromiso do Parlamento coa senda da tolerancia e a non discriminación

18/10/2025

Santalices sinala a  Galicia como un referente no turismo de saúde

 

 

  • Destacou, no 30º aniversario do Balneario de Arnoia, as propiedades terapéuticas das augas mineromedicinais que serven para tratar diferentes doenzas

 

 

Santiago, 18 de outubro de 2025.- O presidente da Cámara autonómica, Miguel Ángel Santalices Vieira, salientou esta mañá no acto de conmemoración do 30º aniversario do Balneario de Arnoia que “Galicia é un referente como destino de turismo de saúde".

 

O xefe do Lexislativo autonómico, lembrou que a provincia de Ourense atesoura moitas riquezas, entre elas o termalismo, “un sector chave non só dende un punto de vista terapéutico, xa que axuda a mellorar o benestar das persoas que se atopan en procesos de recuperación, senón tamén turístico".

 

Na súa intervención, Santalices felicitou o labor da Fundación San Rosendo, o equipo de directivos e traballadores do balneario de Arnoia, e a todas as institucións que asistiron ao acto.

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación

​ 


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina