17/10/2025
Santalices reafirma o compromiso do Parlamento coa senda da tolerancia e a non discriminación
Santiago, 17 de outubro de 2025. O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, reafirmou hoxe, no acto de presentación do informe O estado da pobreza en Galicia 2025, o compromiso da Cámara galega coa senda da tolerancia, o respecto e a non discriminación.
Coincidindo coa conmemoración do Día internacional para a erradicación da pobreza, o xefe do Lexislativo lembrou que hai cinco anos ese compromiso se plasmou nunha declaración institucional que foi referendada pola unanimidade de todos os grupos parlamentarios.
Neste sentido, o presidente do Parlamento avogou por difundir mensaxes de concordia e respecto en detrimento daquelas que sementan odio e alentas posibles actos violentos contra a poboación máis vulnerable. «Estou convencido ―dixo― de que coa unión de esforzos será máis doado construír unha sociedade na que prevalezan os valores democráticos».
Por outra banda, Santalices atribuíu gran parte dos datos positivos que hoxe se presentaron aos avances nas políticas sociais e ás medidas de protección á cidadanía galega de todas as administracións.
Saúdos, Gabinete de Comunicación