saltar ao contido

A promoción de Medicina 1973-1979 visita o Parlamento de Galicia

18/09/2025

 

A promoción de Medicina 1973-1979 visita o Parlamento de Galicia

 

 

  • Alumnos e profesores coñeceron as instalacións e a historia do Pazo do Hórreo

 

Santiago, 18 de setembro de 2025.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta tarde no Parlamento aos alumnos da promoción de Medicina 1973-1979 nunha recepción que contou coa participación do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,  o vicereitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo, o decano da Facultade, José Carreira e o presidente do Consello Galego de Médicos, ademais do profesor da promoción, Joaquín Potel Lesqureux.

 

Como representantes dos alumnos interviron Francisco González García, catedrático de Oftalmoloxía, Berta Collarte Rodríguez, pediatra e Isabel Otero Martínez, xefa de ciruxía do Hospital Álvaro Cunqueiro.

 

Despois da recepción, alumnos, profesores e autoridades realizaron unha visita guiada polas instalacións do Pazo do Hórreo que lles permitiu coñecer a Colección de Arte da Cámara e algúns dos lugares máis emblemáticos como o Hemiciclo, a Biblioteca da Xeración Nós ou a Sala de Exposicións.

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina