30/04/2025
O presidente do Parlamento avoga pola prevención para abordar a saúde mental
Santiago, 30 de abril de 2025.- O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, interveu esta mañá na IV Xornada da Saúde Policial, celebrada en Lugo, na que se abordaron os desafíos que afectan á saúde dos axentes policiais.
O xefe do Lexislativo autonómico lembrou que estes profesionais vense expostos a situacións de estrés ou traumáticas que lles poden ocasionar un trastorno na súa saúde física ou mental.
Santalices destacou que para mellorar o benestar emocional dos axentes policiais e, polo tanto, a calidade do seu traballo, é necesario ofrecerlles as ferramentas necesarias para a prevención, “e o primeiro para previr un problema é falar del", engadiu
Na súa intervención, o presidente da Cámara galega tamén quixo agradecer aos e ás membros dos corpos e forzas de seguridade o seu esforzo diario por manter a seguridade pública e a convivencia harmónica dos galegos.
Saúdos, Gabinete de Comunicación