O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, conduce un pleno infanto-xuvenil enmarcado na Campaña Mundial pola Educación que contará coa participación da directora xeral da Fundación Educo; o vicepresidente segundo e Conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta; alumnado dos CEIP Labarta Pose (Zas), Víctor Sáenz (Cumbráns), Raquel Camacho (A Coruña), As Vendas da Barreira, Virxe da Cela (Monfero), IES Aguiar de Betanzos e da USC, así como cadanseu representante dos grupos parlamentarios. No Salón de Plenos.