saltar ao contido

Axenda de Presidencia

» Ir á data actual
#
Luns
Martes
Mércores
Xoves
Venres
Sábado
Domingo
13
28
29
30
31
01
02
03
14
06
10:30
10:35
11:00
19:00
07
09
10
15
11
12
13
14
15
16
17

Eventos de Presidencia para o día 6 de abril de 2022

10:30 - Parlamento de Galicia

Mesa

10:35 - Parlamento de Galicia

Acto de entrega das medallas do Parlamento de Galicia 2022  ás institucións estatutarias de Galicia.
 
As persoas que recollen a medalla do Parlamento de Galicia asinan no libro de honra do Parlamento de Galicia. Na Sala das Letras Galegas. Gráficos.

11:00 - Parlamento de Galicia

Inicio do acto de entrega das Medallas do Parlamento de Galicia 2022 ás institucións estatutarias de Galicia. No Salón dos Reis do Parlamento de Galicia.
              
• Lectura do acordo polo que se conceden estas Medallas a cargo da secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia.
 
• Intervención do presidente do Parlamento de Galicia.
 
• Entrega das Medallas do Parlamento de Galicia ás institucións estatutarias de Galicia.
 
         o Valedor do Pobo. Recolle a Medalla a valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño. Intervención.
         o Consello de Contas. Recolle a Medalla o conselleiro Maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo López. Intervención.
         o Consello da Cultura Galega. Recolle a Medalla a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco. Intervención.
 
• Intervención do presidente da Xunta de Galicia.
 
• Foto de familia no escenario do acto.

Cobertura informativa:

• O espectro de frecuencias exclusivo para a microfonía do Parlamento de Galicia, que ningún medio debe utilizar, é o seguinte:

    o 487.000 Mhz – 527.000 Mhz
 
• O acto poderá seguirse en directo a través da web do Parlamento. O vídeo estará dispoñible na mediateca unha vez rematado o acto.
 
• Os equipos de redacción deberán seguir o acto desde a sala de prensa ou a sala azul.
 
• Televisións: Ofrecerase sinal institucional realizada, que se distribuirá, nas condicións habituais, na Sala Azul: analóxica (conexións BNC para vídeo e Canon para audio) e SDI con audio embebido (conexión BNC).
 
• Se algunha televisión desexa acceder á sala para gravar imaxes, poderá facelo, pero só desde a zona habilitada para redactores gráficos (nesa zona non hai toma de son).
 
• Radios: Disporán de son na sala Azul e nas cabinas de radio situadas na parte posterior do Hemiciclo. As pantallas do hemiciclo permitirán seguir o acto en directo. O acceso ás cabinas estará cortado entre as 10,45 e o remate do acto.
 
• Fotógrafos: Disporán dunha zona acoutada no Salón dos Reis.

19:00 - Lalín

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, asiste ao acto de inauguración da exposición Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970). No Museo Municipal Ramón María Aller (Rúa Ramón Aller 9, Lalín).
saltar ao pe de páxina