O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participa en diferentes encontros profesionais e actividades promocionais organizadas no stand de Galicia na Feira Internacional de Turismo –Fitur 2021- que se celebra en Madrid. Tamén participan integrantes da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento de Galicia.