Lisboa - Portugal
(Hora local portuguesa)
18,00 h.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e a presidenta da Asemblea Lexislativa dos Azores, Ana Luísa Pereira Luís, inauguran a exposición “56 páxinas das nosas letras”, organizada para poñer en valor as figuras dos escritores e escritoras galegos homenaxeados no Día das Letras Galegas. Tamén interveñen o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, e o ex-presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares. Na Casa dos Azores en Lisboa (Rúa dos Navegantes, 21, 1200-729 Lisboa)
19,30 h.- Inauguración da exposición “Azores, Silencio e Ser”, organizada pola Asemblea Lexislativa dos Azores, que quedará aberta ao público no Centro Galego de Lisboa (Rúa Júlio de Andrade, 3, 1150-122, Lisboa).