Pazo de Raxoi
10,00 h.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, asiste ao acto de toma de posesión das/os conselleiras/os do Goberno galego. No Salón Nobre do Pazo de Raxoi.
Parlamento de Galicia
11,00 h.- Inauguración do Foro “Innovación en sanidade: actuando en todas as súas dimensións”, organizado polo Centro de Estudos e Políticas Públicas e de Goberno da Universidade de Alcalá. Na sala de exposicións do Parlamento de Galicia.
11,25 h.- Foto de familia dos participantes. Na escaleira principal do Parlamento de Galicia.
11,30 h.- Constitución da Comisión de investigación para determinar as causas e dirimir as responsabilidades políticas no accidente producido o pasado 12 de agosto durante a celebración do festival do Marisquiño en Vigo, así como proponer actuacións necesarias para evitar que sinistros destas características poidan repetirse.
12,30 h.- Constitución da Comisión de investigación para determinar as consecuencias dos recortes e privatización do sistema sanitario galego (2009-2018), con especial incidencia en casos como a non dispensación de medicamentos aos efermos da hepatite C ou o falecemento dun paciente sen atención no PAC de A Estrada.