saltar ao contido

Panteón de Galegas e Galegos Ilustres

O Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, símbolo da identidade do pobo galego e da súa continuidade histórica, é o espazo físico destinado a honrar e perpetuar a memoria das persoas que teñan contribuído significativamente á afirmación da identidade de Galicia, ao coñecemento desa identidade e á súa defensa, así como ao desenvolvemento do progreso do pobo galego en particular e da humanidade en xeral.

LEI 5/2023, do 4 de agosto, do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres

O Parlamento de Galicia recoñece a través desta lei o Panteón de Galegas e Galegos Ilustres como un elemento singular da nosa identidade, e procede a sentar os principios que regularán a súa xestión, o seu uso e a súa conservación.

Imaxes do Panteón

Sesión Plenaria

Sesión Plenaria específica do Parlamento de Galicia celebrada o 28 de xullo de 2023.
Proposta de tramitación polo procedemento de lectura única da proposición de lei, formulada polo G.P. Popular de Galicia, G.P. do Bloque Nacionalista Galego e G.P. dos Socialistas de Galicia, do Panteón de galegas e galegos ilustres e, se é o caso, debate e votación da referida proposición de lei (11/PPL-000019).

Convocatoria

Vídeo do debate parlamentario

Pode visualizar o vídeo premendo no seguiente enlace:

Tramitación parlamentaria do expediente

Foto de familia

Foto de familia de deputadas e deputados, e convidados asistentes ao debate, unha vez rematado o Pleno específico

saltar ao pe de páxina