saltar ao contido

Aitor Bouza Manso

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de A Coruña
A Coruña

Biografía:

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Completou a súa formación cun Mestrado en Consultoría, Márketing e Comunicación, así como cun Mestrado en Educación. Conta con diversos cursos de especialización en mediación civil e mercantil, protección de datos, ciberseguridade, dereitos humanos e violencia de xénero.

Profesionalmente, desenvolveu a súa traxectoria vencellado ao exercicio da avogacía e á docencia. Exerceu como avogado nas áreas de dereito civil e empresarial, tanto por conta allea como por conta propia, e como profesor de dereito en centros de formación profesional e academias. Actualmente, tamén desempeñaba labores como asesor técnico xurídico no Parlamento de Galicia.

No eido político, é actualmente secretario xeral do PSdeG en Santiago de Compostela e secretario de acción territorial do Partido Socialista de Galicia. Anteriormente, foi secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, así como membro da Comisión Executiva Federal das Juventudes Socialistas de España, tendo ocupado tamén responsabilidades orgánicas no ámbito provincial do PSdeG.

Desde 2022, é presidente do Comité Galego Arbitral da Federación Galega de Natación, entidade coa que mantén unha relación de longa data, xa que foi directivo do Club Natación Ferrol e coordinador de competición en diversos campionatos galegos.

Desde moi novo, estivo implicado en proxectos sociais e educativos, promovendo iniciativas interxeracionais, deportivas e de participación xuvenil. A súa traxectoria está marcada por un forte compromiso coa xustiza social, coa igualdade de oportunidades e cunha Galicia aberta, moderna e integradora.

Imaxe de Aitor Bouza Manso

Grupo Partido Socialista de Galicia

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

saltar ao pe de páxina