Nacemento: Vigo - 1971
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Email:
gp-pp@parlamentodegalicia.es
Biografía:
É licenciado, pola Universidade de Vigo, en Ciencias Empresariais (especialidade en Financiamento) e en Ciencias Económicas (especialidade en Economía Pública). Máster en Dirección Comercial e Márketing (Ieside).
Traballou no Instituto Español de Comercio Exterior (Icex), nas embaixadas de España en Chile e Portugal e no IGAPE desde o ano 2000. Foi responsable das oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) nas provincias de Pontevedra e Ourense ata que ten lugar a súa toma de posesión como deputado.
Foi senador nas XI, XII e XIII lexislaturas (portavoz de Pesca de 2015 a 2019). Foi concelleiro en Vigo de 2007 a 2019.
Está afiliado ao Partido Popular desde 1983. É membro do Comité Executivo do PPdeG e presidente da Comisión de Comercio e Turismo do PP de Vigo.