saltar ao contido

Lara Méndez López

Nacemento: Suiza - 1972

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de Lugo
Lugo

Biografía:

Enxeñeira técnica agrícola.

Traxectoria profesional:

Desenvolveu durante preto de dez anos a súa carreira profesional en diversos ámbitos, relacionados fundamentalmente co sector agrario e ambiental.

Iniciou a súa etapa laboral traballando na actualización das valoracións catastrais do solo rural nas comunidades de Galicia e de Castela e León.

Levou a cabo labores de docencia, impartindo cursos de formación relacionados co sector agrícola a desempregados, traballadores e emprendedores en diferentes puntos de Galicia.

Contribuíu, como técnica dunha asociación, ao desenvolvemento do medio rural a través de proxectos financiados con fondos da Unión Europea.

Antes de pedir a excedencia, traballou como técnica medioambiental na empresa Tragsatec.

Traxectoria social:

Na súa etapa coma técnica traballou polo dinamismo do movemento asociativo do medio rural impulsando a creación da federación galega de FADEMUR (Federación de Asociacións de Mulleres Rurais), da que posteriormente foi vicepresidenta. Tamén o fixo no movemento asociativo no eido cultural.

Traxectoria política:

Iniciouse politicamente como membro de Xuventudes Socialistas, formación da que foi secretaria xeral no municipio de Cervo. Foi secretaria xeral da agrupación socialista deste concello e secretaria de Organización da Executiva da comarca da Mariña, ademais de membro da Comisión Executiva Nacional Galega na etapa de Emilio Pérez Touriño. Na actualidade é vicesecretaria xeral da Comisión Executiva Nacional Galega e membro do Comité Federal.

Traxectoria institucional:

Foi concelleira durante doce anos na corporación municipal de Cervo e vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo entre 2007 e 2015, ano en que tomou posesión como alcaldesa de Lugo, ata xaneiro de 2024. Exerceu tamén como vicepresidenta e como presidenta do Eixo Atlántico.

Imaxe de Lara Méndez López

Grupo Partido Socialista de Galicia

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

Xaneiro de 2025
Mércores
15
10:30

Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Xaneiro de 2025
Venres
17
10:30
saltar ao pe de páxina