Nacemento: Lugo -
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 551 530
Biografía:
Avogado de profesión, candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta. Foi deputado no Congreso pola provincia de Lugo.
Desenvolveu toda a súa carreira política no PSdeG- PSOE, partido ao que se afiliou tras finalizar os seus estudos universitarios. Con 31 anos, cando estaba a exercer a súa profesión de avogado nun despacho propio, entrou a formar parte do primeiro goberno do PSdeG-PSOE na historia democrática da cidade lucense. Entre 1999 e 2007 foi portavoz do equipo de goberno no Concello de Lugo, concelleiro de Urbanismo e deputado provincial.
Tras as eleccións municipais de 2007, Gómez Besteiro convertíase no primeiro militante do Partido Socialista en Galicia que presidía a Deputación de Lugo, sendo o número 102 da historia da institución provincial.
Foi secretario provincial do PSdeG de Lugo entre 2012 e 2013, cando foi nomeado secretario xeral do PSdeG nas primarias consultivas celebradas aquel mesmo ano. Ocupou o cargo ata marzo de 2016, cando foi apartado da vida política durante sete anos por unha inxustiza xudicial que rematou coa inhabilitación e sanción, por parte do Consello Xeral do Poder Xudicial, da xuíza que abrira causas contra el. As causas foron arquivadas entre 2021 e 2022 sen chegar a xuízo.
José Ramón Gómez Besteiro retomou a vida política e o 30 de marzo de 2023 foi nomeado delegado do Goberno en Galicia, cargo no que estivo ata xuño do mesmo ano, cando renunciou ao posto para encabezar a lista do PSOE ao Congreso dos Deputados nas Eleccións Xerais do 23-X, pola provincia de Lugo.
O 17 de agosto de 2023 tomou posesión como deputado no Congreso. Foi o primeiro deputado que puido realizar a súa intervención en galego no Congreso. Ademais, foi elixido como presidente da Comisión de Transportes. O 18 de outubro de 2023 foi proclamado candidato á Xunta de Galicia do PSdeG. Portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia na XII Lexislatura.