saltar ao contido

Contrabajista

Autor Pedro Solveira Collazo
Data/Fecha 1968
Medidas 250x130 cm
Técnica|Material Oxidación, ferro e aceiro calmado de 1,3mm / Oxidación, hierro y acero calmado de 1,3mm
Tipo Pintura
* Colección particular en depósito

De Pedro Solveira Collazo (Vigo, n.1932) é Contrabajista, de 1968, unha obra en altorrelevo realizado en ferro oxidado e aceiro calmado cincelado, técnica na que o autodidacta artista é un consumado mestre. A pintura e o deseño teñen sido tamén medios expresivos. Ten exposto dende os anos sesenta en Caracas, Buenos Aires, París, Xénova, Xenebra, Tokyo, Berlín ou Londres, e nos anos setenta en diversas cidades de EE.UU. Xa nos anos noventa traballa con sistemas técnicos propios das segundas vangardas con novos materiais como o metacrilato, e unha concepción construtivista. O músico exposto semella un profeta en diálogo coa inspiración, nunha composición de gran alento creativo.

De Pedro Solveira Collazo (Vigo, n.1932) es Contrabajista, de 1968, una obra en altorrelieve realizada en hierro oxidado y acero calmado cincelado, técnica en la que el autodidacta artista es un consumado maestro. La pintura y el diseño han sido también medios expresivos. Ha expuesto desde los años sesenta en Caracas, Buenos Aires, París, Génova, Ginebra, Tokyo, Berlín o Londres, y en los años setenta en diversas ciudades de EE. UU. Ya en los años noventa trabaja con sistemas técnicos propios de las segundas vanguardias con nuevos materiales como el metacrilato, y una concepción constructivista. El músico expuesto parece un profeta en diálogo con la inspiración, en una composición de gran aliento creativo.

saltar ao pe de páxina