saltar ao contido

O xogo do escondite

Autor Víctor López-Rúa Martínez "Víctor López Rúa"
Data/Fecha 2006
Medidas 200x230 cm
Técnica|Material Óleo, lenzo/lienzo
Tipo Pintura
* Colección particular en depósito

Víctor López-Rúa (A Coruña, n. 1971) é un artista figurativo, un creador de espazos na procura da inquietante beleza do contorno cotián, que está a expoñer dende 1999. O xogo do escondite, un óleo sobre lenzo datado en 2006, é a súa proposta do Parlamento. Esta obra exemplifica o seu dominio na pintura de interiores cuxos protagonistas son, como os propios espazos, do seu contorno, a familia e a casa. Son así os seus cadros retratos do seu mundo. O artista coruñés foi discípulo de Antonio López Rodríguez, formación ampliada en Florencia e Roma. Dende a súa praxe plástica López-Rúa é un experimentador que está a desenvolver a pintura estereoscópica, técnica paradoxal coa que se poden percibir as obras dun xeito volumétrico. Recentemente ilustrou a edición das Sonatas de Valle-Inclán.

Víctor López-Rúa (A Coruña, n. 1971) es un artista figurativo, un creador de espacios en la búsqueda de la inquietante belleza del entorno cotidiano, que está exponiendo desde 1999. O xogo do escondite, un óleo sobre lienzo datado en 2006, es su propuesta del Parlamento. Esta obra ejemplifica su dominio en la pintura de interiores cuyos protagonistas son, como los propios espacios, de su entorno, la familia y la casa. Son así sus cuadros, retratos de su mundo. El artista coruñés fue discípulo de Antonio López Rodríguez, formación ampliada en Florencia y Roma. Desde su praxis plástica, López-Rúa es un experimentador que está desarrollando la pintura estereoscópica, técnica paradójica con la que se pueden percibir las obras de una manera volumétrica. Ilustró recientemente la edición de las Sonatas de Valle-Inclán.

saltar ao pe de páxina