saltar ao contido

Win Zip XXI

Jaime José Quesada Blanco (Ourense, 1975-2006). Foi un artista do seu tempo e xeración, traballando coa música tecno e as imaxes electrónicas dende o ordenador. A pintura en suspensión e a reprodución dixital son medios complementarios. Os intensos campos de cor e os conceptos espaciais, afíns ao posformalismo e á nova abstracción, definen a súa estética, da que é mostra Win Zip XXI, unha das obras de Control+P, exposición amosada en dúas salas de Ourense e despois en Santiago en 2003


Jaime José Quesada Blanco (Ourense, 1975-2006). Fue un artista de su tiempo y generación, trabajando con la música tecno y las imágenes electrónicas desde el ordenador. La pintura en suspensión y la reproducción digital son medios complementarios. Los intensos campos de color y los conceptos espaciales, afines al posformalismo y a la nueva abstracción, definen su estética, de la que es muestra Win Zip XXI, una de las obras de Control+P, exposición mostrada en dos salas de Ourense y después en Santiago en 2003.

Autor Jaime José Quesada Blanco
Data/Fecha 2003
Medidas 200x300 cm
Técnica|Material Óleo, lenzo/lienzo
Tipo Pintura
* Colección particular en depósito

Jaime José Quesada Blanco (Ourense, 1975-2006). Son dez os anos de traxectoria plástica que acadou este pintor, morto cando comezaba a ser considerado no gremio. Fai a súa primeira exposición en 1996 na Galería Sargadelos de Ourense, recoñecendo dous anos máis tarde que comeza o camiño da arte en serio cando lle perde o medo á comparación co seu pai, o recoñecido artista Xaime Quessada († 2007). Medrou á súa beira, e tiña taller na casa familiar, logo do abandono formativo na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Os estilos das vangardas abstractas dos anos vinte, como o suprematismo e o construtivismo, e o cine en branco e negro, nomeadamente a estética expresionista de Metrópolis de Fritz Lang, axudan a entender as súa inspiración. Foi un artista do seu tempo e xeración, traballando coa música tecno e as imaxes electrónicas dende o ordenador. A pintura en suspensión e a reprodución dixital son medios complementarios. Os intensos campos de cor e os conceptos espaciais, afíns ao posformalismo e á nova abstracción, definen a súa estética, da que é mostra Win Zip XXI, unha das obras de Control+P, exposición amosada en dúas salas de Ourense e despois en Santiago en 2003. Ao ano seguinte fixo unha exposición conxunta co seu pai, e cando morre estábao a facer nunha sala en Suecia.

Jaime José Quesada Blanco (Ourense, 1975-2006). Son diez los años de trayectoria plástica que alcanzó este pintor, fallecido cuando comenzaba a ser considerado en el gremio. Hace su primera exposición en 1996 en la Galería Sargadelos de Ourense, reconociendo dos años más tarde que comienza el camino del arte en serio cuando le pierde el miedo a la comparación con su padre, el reconocido artista Xaime Quessada († 2007). Creció a su lado, y tenía taller en la casa familiar, después de abandonar la Facultad de Bellas Artes de Pontevedra. Los estilos de las vanguardias abstractas de los años veinte, como el suprematismo y el construtivismo, y el cine en blanco y negro, sobre todo la estética expresionista de Metrópolis de Fritz Lang, ayudan a entender su inspiración. Fue un artista de su tiempo y generación, trabajando con la música tecno y las imágenes electrónicas desde el ordenador. La pintura en suspensión y la reproducción digital son medios complementarios. Los intensos campos de color y los conceptos espaciales, afines al posformalismo y a la nueva abstracción, definen su estética, de la que es muestra Win Zip XXI, una de las obras de Control+P, exposición mostrada en dos salas de Ourense y después en Santiago en 2003. Al año siguiente hizo una exposición conjunta con su padre, y cuando muere, estaba exponiendo en una sala en Suecia.

saltar ao pe de páxina