saltar ao contido

Santiago 2000 Capital europea

Autor Xosé María Barreiro Gómez
Data/Fecha 2000
Medidas 175x175 cm
Técnica|Material Óleo, lenzo/lienzo
Tipo Pintura
* Colección Parlamento de Galicia

O pintor pontevedrés de Forcarei José María Barreiro Gómez (n. 1940) ten nos fondos do Parlamento unha significada obra que conmemora a decisión dos ministros europeos de cultura da UE de concederlle á cidade de Santiago a categoría de Capital Cultural, ex aequo con Aviñón (Francia), Bergen (Noruega), Boloña (Italia), Bruxelas (Bélxica), Cracovia (Polonia), Helsinki (Finlandia), Praga (República Checa) e Reikiavic (Islandia). Santiago 2000, Capital europea é o título deste óleo sobre lenzo de gran formato, que firma 'bareiro/ 4-2' neste ano. A obra semella o comedor dunha casa coas portas de cristais abertas cara ás traseiras do Pazo de Raxoi e a Catedral, nunha noite, co ceo cheo de estrelas. Ante unha mesa ateigada, que enmarcan unha cadeira marela e unha guitarra, o artista amosa un libro aberto coa palabra 'SANTIAGO', que comparte protagonismo cun bodegón. A partitura no atril completa a obra deste artista instrumentista. E se aquí as portas de par en par son un símbolo de liberdade, noutra das súas obras, Faro da Illa de Ons, de 2013, co mar e o veleiro dende un bodegón con música, o artista, nunha equilibrada composición de formas e cores, é tamén quen de amosalo.

Ten ademais O gaiteiro, tocando unha gaita dun roncón cun gran chapeu, e un ar a Dufy, pintor que admirou en París. O autodidacta artista, que comezou a expoñer xa de adolescente, con premios en Vigo e Pontevedra, viaxou por Europa, e viviu en París. Invitado por Laxeiro marchou a Buenos Aires para expoñer alí, e quedou varios anos. Nos anos sesenta en Vigo acolle no seu taller e casa ao artista coruñés Urbano Lugrís, e afincarase na Cela, Bueu, o que lle fai sentir as cores con paixón.

El pintor pontevedrés de Forcarei José María Barreiro Gómez (n. 1940) tiene en los fondos del Parlamento una significada obra que conmemora la decisión de los ministros europeos de cultura de la UE de concederle a la ciudad de Santiago la categoría de Capital Cultural, ex aequo con Aviñón (Francia), Bergen (Noruega), Bolonia (Italia), Bruselas (Bélgica), Cracovia (Polonia), Helsinki (Finlandia), Praga (República Checa) y Reikiavic (Islandia). Santiago 2000, Capital europea es el título de este óleo sobre lienzo de gran formato, que firma 'bareiro/ 4-2' en este año. La obra parece el comedor de una casa con las puertas de cristal abiertas hacia las traseras del Pazo de Raxoi y la Catedral, en una noche, con el cielo lleno de estrellas. Ante una mesa abarrotada, que enmarcan una silla amarilla y una guitarra, el artista muestra un libro abierto con la palabra 'SANTIAGO', que comparte protagonismo con un bodegón. La partitura en el atril completa la obra de este artista instrumentista. Y si aquí las puertas de par en par son un símbolo de libertad, en otra de sus obras, Faro da Illa de Ons, de 2013, con el mar y el velero desde un bodegón con música, el artista, en una equilibrada composición de formas y colores, es también es capaz de mostrarlo.

Tiene además O gaiteiro, tocando una gaita de un roncón con un gran sombrero, y un aire a Dufy, pintor que admiró en París. El autodidacta artista, que comenzó a exponer ya de adolescente, con premios en Vigo y Pontevedra, viajó por Europa, y vivió en París. Invitado por Laxeiro se marchó a Buenos Aires para exponer allí, y se quedó varios años. En los años sesenta en Vigo acoge en su taller y casa al artista coruñés Urbano Lugrís, y se afincará en Cela, Bueu, lo que le hace sentir los colores con pasión.

saltar ao pe de páxina