saltar ao contido

Coñece as túas institucións

Video en lingua de signos de coñece as túas institucións

Convenio de colaboración asinado entre o Parlamento de Galicia e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional o 30 de xaneiro de 2025 que permitirá organizar visitas guiadas conxuntas ás sedes do poder lexislativo e do poder executivo galegos para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria de centros educativos de titularidade pública da Comunidade Autónoma.

O obxectivo deste programa denominado Coñece as túas institucións, é que o alumnado poida coñecer de primeira man o funcionamento do Parlamento e da Xunta e comprenda a separación de poderes propia das democracias.

Xunta e Parlamento asumirán o custo dos desprazamentos que, nunha mesma xornada, permitirán que cada grupo poida visitar as dependencias do lexislativo e mais do executivo e recibir cumpridas explicacións sobre o funcionamento e competencias das institucións.

O Parlamento de Galicia ofrece un caderno de traballo, deseñada para facilitar o aproveitamento académico da visita, que se pode descargar no seguinte enlace:

Solicitude de visita

DATOS DO CENTRO PÚBLICO DE ENSINO
DATOS DO ALUMNADO QUE ASISTIRÁ ÁS VISITAS
Curso
Escolle o curso ou cursos do alumnado

*Se algún participante presenta necesidades específicas de apoio, indíqueo no campo Observacións. En caso afirmativo, o Parlamento de Galicia poñerase en contacto co centro para ofrecer as medidas dispoñibles para facilitar a accesibilidade aos participantes.

DATOS DOS/AS PROFESORES/AS RESPONSABLES DO GRUPO
DATAS DE PREFERENCIA DO CENTRO PARA AS VISITAS GUIADAS

Debe cumprimentar as 3 datas obrigatoriamente, ou o formulario non será enviado.

As visitas para este convenio, só se poden realizar en mércores, xoves ou venres.
OBSERVACIÓNS
saltar ao pe de páxina