saltar ao contido

O Parlamento de Galicia descobrirá este venres unha placa conmemorativa no Pazo de Xelmírez, primeira sede provisional do lexislativo galego

 
O Parlamento de Galicia descobrirá este venres unha placa conmemorativa no Pazo de Xelmírez, primeira sede provisional do lexislativo galego
 
• O luns 19 de decembro, data na que se cumpren 30 anos da constitución da primeira lexislatura, o Parlamento de Galicia celebrará unha sesión solemne conmemorativa

Santiago, 12 de decembro de 2011.- No marco da conmemoración do 30 aniversario do Parlamento de Galicia, a Cámara autonómica descubrirá o vindeiro venres, 16 de decembro, unha praca no Pazo de Xelmírez, a primeira sede provisional do lexislativo galego, cedida polo Arcebispado de Santiago,  entre decembro de 1981 e xuño de 1982.
 
Con este acto, a presidenta do Parlamento de Galcia, Pilar Rojo, quere testemuñar o agrademento da Cámara aos que foron os primeiros anfitrións da Cámara galega que, despois de deixar Xelmírez, pasaría sete anos máis na súa segunda sede provisional, o Pazo de Fonseca, cedido pola Universidade de Santiago, antes do traslado á sede definitiva do Pazo do Hórreo, inaugurado oficialmente o 10 de outubro de 1989.
 
Deputados da primeira lexislatura
Ao acto do próximo venres xa confirmaron asistencia algúns deputados que formaron parte da primeira lexislatura do Parlamento de Galicia; os actuais portavoces e membros da Mesa da Cámara; e outras personalidades, como o arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio.
 
Sesión solemne conmemorativa
O luns 19 de decembro, data na que se cumplirán 30 anos da constitución da primeira lexislatura, o Parlamento de Galicia acollerá unha sesión solemne conmemorativa, que contará coa intervención dos portavoces dos tres grupos parlamentarios e da presidenta da Cámára.

 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina