saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia, do 23 de novembro de 2011


Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia, 23 de novembro de 2011
  
4.1  08/PNP-0939 (56530)
    Grupo Parlamentario Popular de Galicia
    Rodríguez González, Román e 6 deputados máis
  Sobre as liñas estratéxicas básicas para a elaboración dunha Lei galega de universidades
  Publicación da iniciativa, BOPG núm. 388, do 13.01.2011
  
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a iniciar antes de 3 meses un proceso de diálogo coas universidades galegas, orientado a plantexar as liñas estratéxicas básicas para a elaboración dunha Lei Galega de Universidades, e remitir ao longo do seguinte periodo de sesións un proxecto de lei para a súa tramitación parlamentaria.
O futuro proxecto de lei plantexará como liñas estratéxicas:
-   Racionalización da oferta docente no tocante á oferta de grados-postgrados e de centros universitarios, de acordo coas demandas existentes en Galicia.
-   Fomento da cooperación e a movilidade interuniversitaria
- Mellorar as estructuras administrativas e de gobernanza interna das universidades, especialmente dos Consellos Sociais.
- Incrementar a conectividade e a transferencia de coñecemento coa sociedade civil e os sectores productivos
- Reforzar a función investigadora da Universidade e a súa conexión con outros centros de tecnolóxicos e investigadores
- Avanzar cara unha maior internacionalización das universidades.
- Plantexar liñas de acción tendentes a reducir o abandono dos estudantes universitarios.
- Promover e facilitar a igualdade de acceso ao sistema universitario.
- Fixar, a través dos Plans de Financiamento Universitario, os recursos precisos para converxer coas medias estatais e europeas de gasto público en ensino superior en porcentaxes de PIB.
- Definir, partindo dos principios da Lei de Ciencia, unha carreira investigadora”.

4.2  08/PNP-1203 (64983)
    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
    Caride Estévez, María José e 5 deputados máis
  Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación cos procesos de restauración da legalidade urbanística como consecuencia dunha sentenza xudicial, a aplicación da disciplina e inspección urbanística, así como a utilización dos plans e proxectos sectoriais
  Publicación da iniciativa, BOPG núm. 473, do 19.05.2011
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
- Utilizar  a  disciplina  e   a   inspección   urbanística  con   criterios
uniformes e obxectivos”.
- Promover unha utilización axeitada dos plans e proxectos sectoriais”.

4.4  08/PNP-1420 (72222)
    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
    Pontón Mondelo, Ana Belén e Aymerich Cano, Carlos Ignacio
  Sobre as actuacións que debe desenvolver o Goberno galego para preservar o patrimonio artístico de Novacaixagalicia e promover que sexa exposto nalgún dos espazos da Cidade da Cultura
  Publicación da iniciativa, BOPG núm. 567, do 26.10.2011
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento insta á Xunta de Galicia a:
Promover que as coleccións de arte que tiñan Caixa Nova e Caixa Galicia  sexan postas a disposición do patrimonio público galego a través do comodato, cesión, adquisición ou calquera  outra figura das  previstas na lexislación autonómica de Patrimonio, mantendo a colección que está en Vigo,  promovendo a súa conservación e acceso ao público, tanto a través das sedes expositivas actuais como a través de exposicións itinerantes e destinando un espazo nalgún dos edificios da Cidade da Cultura para difundir e poñer en valor este patrimonio artístico galego”.
  
4.5  08/PNP-1440 (72891)
    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
    Lobeira Domínguez, Bieito e Branco Parga, Carlos Fernando
  Sobre o mantemento polo Goberno galego do Plan de dinamización marisqueira da ría de Ferrol, incluíndo o pagamento ás mariscadoras e aos mariscadores polos traballos de rexeneración e limpeza das rías segundo os parámetros económicos acordados no ano 2007
  Publicación da iniciativa, BOPG núm. 572, do 03.11.2011
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:
1.- Revisar o Plan de Dinamización marisquera da Ría de Ferrol de xeito que se elabore en conxunto entre administracións e sindicatos unha proposta de modificación que, entre outras, recolla as medidas necesarias que permitan percepcións dignas  dos mariscadores e mariscadoras e a viabilidade da actividade ata a recuperación dunha situación microbiolóxica das augas que permita a actividade extractiva normal.
2.- Que se dea continuidade á planificación do plan de mellora das infraestruturas  de saneamento de augas residuais do contorno da ría de Ferrol na liña da proposta desenvolvida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, axilizando e reforzando as actuacións precisas na zona Norte, competencia do Estado,  no prazo de tempo máis breve posible e desenvolvendo as actuacións das que ten competencia a Xunta, zona sur, para que a estación depuradora de augas residuais se remate e entre en servizo antes de finais de 2012.
3.- Que se integren na Mesa do Plan de Dinamización  marisqueira da Ría de Ferrol o Goberno español e outras administracións  competentes en materia de saneamento e se inclúa unha proposta de actuación de mellora dos bancos marisqueiros, dragaxes, achegas de area e plano de recuperación que se determinen como convenientes conforme a criterios técnicos

  
4.6  08/PNP-1454 (73335)
    Grupo Parlamentario Popular de Galicia
    Rodríguez Miranda, Antonio e 14 deputados máis
  Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa construción da Cidade da Xustiza de Vigo
  Publicación iniciativa vía urxencia, BOPG núm. 576, do 09.11.2011
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a:
1. Continuar considerando de máxima prioridade a construcción da Cidade de Xustiza en Vigo, mantendo o seu compromiso de efectuar as licitacións correspondentes inmediatamente despois de que o Concello poña a disposición da Comunidade Autónoma os terreos.
2.      Elaborar de xeito inmediato un protocolo de colaboración co Concello de Vigo que permita desbloquear  a situación dos terreos da Cidade da Xustiza para dar inicio á execución das obras no primeiro semestre de 2012".

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2011

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina