Pilar Rojo participa mañá na reunión anual de presidentes de asembleas lexislativas de Europa
• A CALRE esté integrada polos parlamentos de 74 rexións europeas con competencias lexislativas
• No Plenario celebrado en Trento en 2010, a CALRE adoptou unha declaración institucional de apoio ao Xacobeo e aos Camiños de Santiago en Europa
Santiago, 23 de novembro de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia e presidenta da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos (COPREPA), Pilar Rojo Noguera, participará esta semana na Asemblea Anual da Conferencia de Asembleas Lexislativas de Europa (CALRE) que se celebrará en L´Aquila (Italia) entre os días 24 e o 26 de novembro.
Integrada polos parlamentos de 74 rexións europeas con competencias lexislativas, da CALRE forman parte os órganos lexislativos das comunidades autónomas españolas, consellos rexionais italianos, asambleas de rexións e comunidades belgas, os parlamentos dos länder alemáns e austríacos, o parlamento autónomo de Åland (Finlandia), as asambleas rexionais das illas Azores e Madeira (Portugal) e as de Escocia, Gales e Irlanda do Norte (Reino Unido). Son en suma, órganos de oitos países diferentes e representan a máis de 200 millóns de habitantes.
No Plenario de CALRE de 2011 abordaranse asuntos como o reforzamento do diálogo interrexional e a política de cohesión transnacional, ou a aplicación do principio de subsidiariedade, entre outros.
O anterior Plenario de CALRE, celebrado en Trento en 2010, aprobou, por proposta pola presidenta do Parlamento de Galicia, unha declaración institucional de apoio ao Xacobeo e aos Camiños de Santiago en Europa
PREVISIÓN INFORMATIVA
Lugar: Escola NCO De La Guardia Di Finanza
L´AQUILA - ITALIA
Xoves, 24 de novembro
17,30 h.- Comité Permanente de CALRE.
Venres, 25 de novembro
Sesión Plenaria de CALRE.
Sábado, 26 de novembro
09,30 h.- Foto de Familia
(De seguido, continúa a Sesión Plenaria de CALRE)