saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia, do 03.11.2011

 
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o día 3 de novembro de 2011
  
5.3  08/PNP-1313 (68645)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Gómez Alonso, Alejandro e Rodríguez González, Román
Sobre o desenvolmento no Plan de impulso do transporte ferroviario da conexión prioritaria dos portos exteriores de Ferrol e A Coruña e do porto de Vigo-Bouzas
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 534, do 08.09.2011
  
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Fomento para solicitarlle dentro das actuacións a desenvolver no Plan de Impulso do Transporte Ferroviario, a conexión prioritaria dos Portos Exteriores de Ferrol e A Coruña e dos portos de Marín-Ría de Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e do porto de Vigo-Bouzas, así como a recuperación do tráfico ferroviario cos peiraos comerciais deste último porto”.
 

5.5  08/PNP-1371 (70413)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Sobre a posta en marcha de campañas de prevención do cancro de pel denominado melanoma, así como a difusión de información relativa a esta patoloxía
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 543, do 21.09.2011
 
O  texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia:
 
1.- A poñer en marcha campañas de prevención do melanoma, que conten coa colaboración dos profesionais sanitarios. E que incidan na diferenza entre os diversos tipos de cancros de pel, entre os que se encontra o melanoma, así como nas causas de cada un deles.
 
2.- A que a difusión de información sobre esta patoloxía debe estar avalada cientificamente e as mensaxes ao público deben estar ben definidas”.

 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina