A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 20 de marzo de 2026, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 48737 (12/PNC-003792)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Lorenzo Gómez, Rubén e 8 máis
Sobre demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que declare de forma inmediata a futura subestación de Maciñeira como nó de transición xusta
BOPG n.º 332f2, do 11.02.2026
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España a declarar de forma inmediata a futura subestación de Maciñeira 400 kV como nó de transición xusta e, en consecuencia, convocar e resolver de forma urxente o concurso do nó das Pontes, de tal xeito que se dea resposta ás necesidades dos proxectos industriais e enerxéticos e se asegure, polo tanto, o emprego de calidade na zona"
- 50343 (12/PNC-003919)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Carrera, María Felisa e 8 máis
Sobre a demanda á Xunta de Galicia de estudos e análises periódicas verbo dos cambios nos hábitos de consumo co obxectivo de identificar e deseñar vías de mellora para o comercio local
BOPG n.º 337f1, do 20.02.2026
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 6 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a promover estudos e análises periódicas sobre as novas tendencias e estratexias dixitais vencelladas aos cambios nos hábitos de consumo, có obxectivo de identificar oportunidades de mellora e vías para a adopción de prácticas innovadoras no comercio local"
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 26467 (12/PNC-002479)
Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
Iglesias Rey, Patricia e 4 máis
Sobre a demanda ao Goberno galego da iniciación nesta anualidade do compromiso orzamentario para a construción da circunvalación de Carballo
BOPG n.º 206f1, do 04.06.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 15 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que se comprometa a iniciar nesta anualidade o compromiso orzamentario de executar a construción da circunvalación de Carballo"
- 38570 (12/PNC-003364)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Castro García, Daniel e 3 máis
Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de que se implique no desenvolvemento dos procesos para crear o polígono industrial de Muras
BOPG n.º 286f2, do 19.11.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 15 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galiza a implicarse no desenvolvemento do polígono industrial de Muras axilizando os procesos administrativos para comezar canto antes a súa construción"