saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria do 24 de marzo de 2026


A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar a súa sesión o próximo día 24 de marzo de 2026, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.​

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 17 de marzo 2026, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto 1.Texto Lexislativo
  
 

Debate e votación do ditame, elaborado pola Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, sobre o Proxecto de lei de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, pola que se establecen medidas de prevención e protección integral contra a violencia no Sistema de saúde de Galicia (doc. núm. 39099, 12/PL-000012)

Publicación ditame da Comisión, BOPG n.º 347f1, do 11.03.2026

 Publicación de emendas e votos particulares, BOPG n.º 347f1, do 11.03.2026
  
Punto 2.Comparecencia 
   
 53490 (12/CPP-000092) 
 Do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por petición propia, para informar sobre a modernización do modelo de Formación Profesional de Galicia 
   
Punto 3.Mocións 
   
3.153301 (12/MOC-000110) 
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego 
 Bará Torres, Xosé Luís 
 Sobre a planificación da Estratexia galega de infraestrutura verde e as razóns que xustifican que se exclúa da devandita estratexia a zona de amortecemento situada ao suroeste da serra do Careón (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm 20348, publicada no BOPG núm. 162f1, do 26 de febreiro de 2025, e debatida na sesión plenaria do 10 de marzo de 2026.) 
   
3.253302 (12/MOC-000111) 
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego 
 Fernández Fernández, Secundino 
 Sobre as políticas do Goberno galego relativas á promoción da incorporación da mocidade ao agro e a xestión das axudas convocadas con estes obxectivos (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm 51159, publicada no BOPG núm. 341f1, do 26 de febreiro de 2026, e debatida na sesión plenaria do 10 de marzo de 2026.) 
   
3.353434 (12/MOC-000112) 
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia 
 Espinosa Mangana, María Elena 
 Sobre a capacidade asistencial dos servizos de urxencias hospitalarios de Galicia (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 44628, publicada no BOPG núm. 319f2, do 22 de xaneiro de 2026, e debatida na sesión plenaria do 10 de marzo de 2026.) 
   
Punto 4.Proposicións non de lei 
   
4.1692 (12/PNP-000055) 
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia 
 Pomar Tojo, Carmen María e 8 máis 
 Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central para que amplíe o prazo  de consulta pública previa na tramitación do futuro regulamento de costas 
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9f1, do 11.04.2024 
   
4.237014 (12/PNP-002726) 
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia 
 Sanz Arias, Cristina e 6 máis 
 Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central para que traspoña a directiva europea relativa ao réxime de franquía do IVE destinado ás pequenas empresas e ao colectivo de autónomos/as 
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272f1, do 22.10.2025 
   
4.351915 (12/PNP-003448) 
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia 
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Méndez López, Lara 
 Sobre as medidas que debe tomar a Xunta de Galicia no referido á tramitación das axudas destinadas a paliar os danos nas explotacións agrarias, gandeiras e apícolas producidos polos incendios forestais do pasado verán 
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 344f1, do 04.03.2026 
   
4.452432 (12/PNP-003481) 
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia 
 Longueira Castro, Silvia e Espinosa Mangana, María Elena 
 Sobre as medidas que debe tomar a Xunta de Galicia para garantir unha maior eficacia do Bono Concilia Familia 
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 347f1, do 11.03.2026 
   
4.552748 (12/PNP-003498) 
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego 
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 24 máis 
 Sobre a proposta de resolución que se presenta co fin de manifestar unha postura de condena da actual intervención militar de EE UU e Israel en Irán e a favor da soberanía dos pobos e do dereito internacional 
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 347f1, do 11.03.2026 
   
4.653014 (12/PNP-003509) 
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego 
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 24 máis 
 Sobre as accións que debe impulsar o Goberno galego ante as ameazas que supón para o tecido produtivo galego a guerra de EE UU e Israel contra Irán 
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 347f1, do 11.03.2026 
   
Punto 5.Interpelacións 
   
5.127455 (12/INT-001073) 
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego 
 Queixas Zas, Mercedes e 2 máis 
 Sobre a postura do Goberno galego ante a demanda da actualización da Lei de normalización lingüística de 1983 
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 214f2, do 25.06.2025 
   
5.245650 (12/INT-001533) 
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego 
 Golpe Acuña, José Manuel e 2 máis 
 Sobre as políticas que desenvolve a Xunta de Galicia co obxectivo de que a transición enerxética se faga desde unha óptica social e inclusiva 
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 319f2, do 22.01.2026 
   
5.350801 (12/INT-001715) 
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia 
 Bouza Manso, Aitor e Longueira Castro, Silvia 
 Sobre o estado das infraestruturas dos centros educativos públicos galegos 
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 341f1, do 26.02.2026 
   
Punto 6.Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia 
   
6.153532 (12/POPX-000075) 
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia 
 Gómez Besteiro, José Ramón 
 Sobre os problemas e as dificultades de acceso que se veñen producindo no Sistema sanitario público de Galicia 
   
6.253539 (12/POPX-000076) 
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego 
 Pontón Mondelo, Ana Belén 
 Sobre as previsións do Goberno galego ante a suba dos prezos e o seu agravamento coa guerra en Oriente Medio 
   
Punto 7.Preguntas ao Goberno 
   
7.145405 (12/POP-006409) 
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego 
 Ríos Santomé, Paulo e Bará Torres, Xosé Luís 
 Sobre a postura da Xunta de Galicia ante a posibilidade de implementar unha tarxeta de transporte público intermodal con tarifa plana 
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 319f3, do 22.01.2026

 

 
7.253540 (12/PUP-000203) 
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia 
 Trenor López, Gonzalo e 10 máis 
 

Sobre a valoración do impacto nas actividades asentadas no litoral galego dos cambios introducidos no Anteproxecto de real decreto polo que se modifica o Regulamento xeral de costas

 

 
7.351618 (12/POP-007221) 
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia 
 Méndez López, Lara e 2 máis 
 Sobre a postura da Xunta de Galicia ante a apertura dun diálogo formal coa representación das persoas residentes e co persoal técnico da residencia das Gándaras, de Lugo, verbo do seu proxecto de reforma 
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 344f3, do 04.03.2026

 

 
7.449746 (12/POP-006962) 
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia 
 Rodríguez Pérez, Moisés e 8 máis 
 Sobre as consecuencias do atraso na aprobación do Plan estatal de vivenda 2026-2030 
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 336f2, do 19.02.2026

 

 
7.550442 (12/POP-007042) 
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia 
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis 
 Sobre a calidade das actuais condicións asistenciais do Servizo de Coidados Paliativos do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense 
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 336f2, do 19.02.2026

 

 
7.653527 (12/PUP-000201) 
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia 
 Castro Rey, Paloma 
 Sobre a postura do Goberno galego no que concirne ao papel que deben asumir as institucións galegas na recuperación, reparación e restauración da memoria democrática 
   
7.753531 (12/PUP-000202) 
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego 
 Bará Torres, Xosé Luís 
 Sobre a postura da Xunta de Galicia no que concirne á sentenza do Tribunal Supremo sobre o pazo de Meirás e ao recoñecemento do dereito da familia Franco a unha indemnización 
   
7.849543 (12/POP-006935) 
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego 
 Fernández González, Ariadna e 2 máis 
 Sobre as accións previstas pola Consellería do Medio Rural para evitar a forte baixada dos prezos do leite en orixe que se prevé na sinatura dos contratos de finais de marzo 
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 332f3, do 11.02.2026 
   
7.952004 (12/POP-007288) 
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia 
 Cendán Gayoso, María Nazaret e 8 máis 
 Sobre as axudas postas en marcha coas ordes do 16 e 18 de decembro de 2025 para os proxectos colectivos de restauración da biodiversidade e recuperación de hábitats mariños e costeiros 

 

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

 

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2026

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina