saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 12 de marzo de 2026


A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 12 de marzo de 2026, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 42463 (12/PNC-003544)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central respecto da elaboración dunha nova proposta de renovación do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde

BOPG n.º 307f1, do 02.01.2026

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 7 votos en contra e 1 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que convoque a todos os axentes implicados co obxectivo de formular unha nova proposta de renovación do “Estatuto Marco" que sexa froito do consenso real cos profesionais sanitarios e as Comunidades Autónomas, que conte coas memorias técnicas, xurídicas e económicas para fundamentar cada modificación   do   “Estatuto   Marco"   vixente   e   que   veña   acompañado   dun financiamento realista e adecuado para asegurar unha aplicación efectiva e tanxible de todo o disposto na nova norma."

 

- 50898 (12/PNC-003968)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis

Sobre as demandas de información que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central en relación co recente anuncio dunha prestación universal por crianza

BOPG n.º 341f2, do 26.02.2026

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 2 votos en contra e 6 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que:

 

1.- Abandone a propaganda e a improvisación e aclare como pretende financiar esta prestación.

2.- Garanta   que   os   fogares   máis   vulnerables   e   con   rendas   baixas   sexan   os verdadeiros beneficiarios desta prestación."​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina