saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 20 de febreiro de 2026

A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 20 de febreiro de 2026, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 49435 (12/PNC-003836)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Pérez, Moisés e 8 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno de España en relación coa xestión do futuro parque de vivendas en alugueiro da empresa estatal Casa 47

BOPG n.º 332f2, do 11.02.2026

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que facilite información detallada, completa e actualizada relativa á xestión do futuro parque de vivendas en alugueiro da empresa estatal Casa 47, incluído os seguintes extremos:

1.- O número de total de vivendas xestionadas pola devandita empresa pública en Galicia, incluída a súa localización territorial e dirección, así como o emprazamento dos solos que se ofertarán neste programa.

2.- Os criterios de adxudicación e xestión aplicados tanto respecto dos solos ofertados como das futuras vivendas, con especial atención aos requisitos económicos que deben cumprir os solicitantes que, en todo caso, deberán garantir que as vivendas ofertadas sexan a prezos e condicións accesibles.

3.- Que garanta que a futura cualificación das vivendas construídas nos solos ofertados de titularidade pública teñan a cualificación permanente como vivendas protexidas."

 

- 49671 (12/PNC-003860)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Trenor López, Gonzalo e 8 máis

Sobre as medidas de apoio que a Xunta de Galicia debe establecer para os concellos ante as novas obrigas estatais en materia de xestión de residuos

BOPG n.º 332f2, do 11.02.2026

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 11 votos a favor, 5 votos en contra e 0 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

 

1. Incrementar e priorizar as liñas de axuda destinadas á implantación da recollida separada de biorresiduos e residuos téxtiles, así como á dixitalización e pago por xeración.

2. Crear un programa de acompañamento técnico para concellos medianos e pequenos que precisen apoio especializado para cumprir coa normativa Estatal en materia de residuos.

3. Impulsar campañas de sensibilización autonómicas que complementen as accións municipais para mellorar a recollida separada e a prevención de residuos"​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina