A Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 19 de febreiro de 2026, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 27256 (12/PNC-002568)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
García Comesaña, Julio e 7 máis
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co fin de que persista no desenvolvemento das medidas recollidas no Plan de simplificación administrativa 2025-2027
BOPG n.º 211f1, do 18.06.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1.- Continuar impulsando as medidas recollidas no Plan de simplificación administrativa 2025-2027, consolidando e ampliando as iniciativas de servizos proactivos como a Tarxeta Benvida e as declaracións censuais de explotacións gandeiras, e eliminando cargas burocráticas para construír unha Administración máis próxima, áxil e centrada nas necesidades das persoas.
2.- Recoñecer o liderado de Galicia na posta en marcha de servizos públicos innovadores, como estes dous exemplos destacados, e na mellora continua da relación entre a Administración e a