saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria do 24 de febreiro de 2026

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar a súa sesión o próximo día 24 de febreiro de 2026, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 18 de febreiro de 2026, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.Texto lexislativo
  
 

Proposta de tramitación polo procedemento de lectura única do Proxecto de lei de medida excepcional de carácter fiscal e, se é o caso, debate e votación de dito proxecto (doc. núm 50911. 12/PL-000013)

 

Punto 2.Comparecencia
  
 50247 (12/CPP-000088)
 Do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, por petición propia, para informar sobre a situación xeral do servizo ferroviario en Galicia
  
Punto 3.Mocións
  
3.150513 (12/MOC-000104)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla
 Sobre a actualización da lexislación galega en materia de inclusión social (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 955, publicada no BOPG núm. 12f1, do 17 de abril de 2024, e debatida na sesión plenaria do 10 de febreiro de 2026)
  
3.250654 (12/MOC-000105)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Queixas Zas, Mercedes
 Sobre a política de normalización lingüística da Xunta de Galicia e os resultados do programa 151A, de fomento da lingua galega, desde 2009 (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 45418, publicada no BOPG núm. 319f2, do 22 de xaneiro de 2026, e debatida na sesión plenaria do 10 de febreiro de 2026)
  
3.350656 (12/MOC-000106)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Longueira Castro, Silvia
 Sobre a planificación dos vindeiros dez anos que leva a cabo a Xunta de Galicia en materia de coidados e servizos sociais (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 45956, publicada no BOPG 323f1, do 29 de xaneiro de 2026, e debatida na sesión plenaria do 10 de febreiro de 2026)
  
Punto 4.Proposicións non de lei
  
4.138343 (12/PNP-002819)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Ferro Iglesias, José Luis e 8 máis
 Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co fin de que lle transfira a totalidade dos fondos solicitados no marco do PERTE Nova Economía da Lingua
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 283f1, do 12.11.2025
  
4.243192 (12/PNP-003004)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Davila, María Cristina e Fernández González, Ariadna
 Sobre as medidas que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para mellorar a situación do alumnado con necesidades educativas especiais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 310f1, do 09.01.2026
  
4.349603 (12/PNP-003236)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana e 5 máis
 Sobre as medidas e a postura que debe adoptar a Xunta de Galicia respecto da expansión da enerxía eólica mariña en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 332f1, do 11.02.2026
  
4.449610 (12/PNP-003237)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Bouza Manso, Aitor e López Font, Carlos
 Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co fin de que complemente con fondos propios o programa do bono alugueiro financiado con fondos estatais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 332f1, do 11.02.2026
  
4.549676 (12/PNP-003250)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co obxectivo de deseñar e impulsar as políticas en materia de corresponsabilidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 332f1, do 11.02.2026
  
4.649710 (12/PNP-003256)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
 Sobre as actuacións que debe pór en marcha a Xunta de Galicia ante a actitude do Goberno central coas políticas galegas en materia de dependencia e servizos sociais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 332f1, do 11.02.2026
  
Punto 5.Interpelacións
  
5.134163 (12/INT-001230)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Ojea Bouzo, Armando
 Sobre a política da Xunta de Galicia en materia de prevención, xestión e recuperación forestal fronte aos incendios
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 260f2, do 25.09.2025
  
5.248321 (12/INT-001593)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa Olalla e Rodil Fernández, Olalla
 Sobre o grao de eficacia das políticas do Goberno galego dirixidas a corrixir a desigualdade socioeconómica das mulleres en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328f1, do 05.02.2026
  
5.349524 (12/INT-001641)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana e 4 máis
 Sobre a caída da produtividade marisqueira nas rías galegas, singularmente no que atinxe aos bivalvos na ría de Muros e Noia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 332f1, do 11.02.2026
  
Punto 6.Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia
  
6.150861 (12/POPX-000071)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Gómez Besteiro, José Ramón
 Sobre as previsións do Goberno galego en relación coa garantía de respecto aos principios de autonomía local, igualdade e suficiencia financeira dos concellos galegos
  
6.250868 (12/POPX-000072)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a transparencia informativa do Goberno galego, nomeadamente respecto do proxecto de Altri
  
Punto 7.Preguntas ao Goberno
  
7.143380 (12/POP-005880)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Longueira Castro, Silvia e 2 máis
 Sobre o grao de cumprimento dos compromisos e acordos adquiridos na unión dos concellos de Oza e Cesuras
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 311f1, do 12.01.2026

 

7.250869 (12/PUP-000194)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Vidal Lamas, Sonia
 

Sobre as medidas que prevé adoptar o Goberno galego para corrixir os danos económicos, ambientais e sociais no encoro das Conchas e na comarca de Limia

 

7.350886 (12/PUP-000197)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Trenor López, Gonzalo e 8 máis
 

Sobre as accións que está a pór en marcha a Xunta de Galicia para lle reclamar ao Goberno central toda a información precisa sobre o alcance da modificación do Regulamento xeral de costas

 

7.448584 (12/POP-006830)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Castro Rey, Paloma e Bouza Manso, Aitor
 Sobre o estado actual das instalacións do CEIP Xunqueira I, de Pontevedra, e as súas consecuencias para a calidade da educación no devandito centro
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328f2, do 05.02.2026

 

7.550870 (12/PUP-000195)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Castro Rey, Paloma
 

Sobre as previsións do Goberno galego en relación coas políticas de prevención fronte á desinformación e ao espallamento dos discursos de odio por razón de xénero

 

7.644869 (12/POP-006312)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Castro García, Daniel e Bará Torres, Xosé Luís
 Sobre a variante de Viveiro e o proxecto da vía de alta capacidade Costa Norte
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 319f2, do 22.01.2026

 

7.745843 (12/POP-006505)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Méndez López, Lara e 2 máis
 Sobre a postura da Xunta de Galicia ante a posibilidade de retomar o proxecto inicial da vía de alta capacidade Costa Norte en Viveiro
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 319f4, do 22.01.2026

 

7.848062 (12/POP-006753)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa Olalla e Prado Cores, María Montserrat
 Sobre os prazos previstos polo Goberno galego para a construción e posta en marcha do novo centro de saúde do Carballiño
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328f2, do 05.02.2026

 

7.944864 (12/POP-006311)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Candia López, María Elena e 10 máis
 Sobre os traballos de conservación que o Goberno galego leva a cabo na muralla de Lugo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 319f2, do 22.01.2026
  
7.1044374 (12/POP-006217)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Pérez López, Noelia e 7 máis
 Sobre as principais liñas de axudas que o Goberno galego ten actualmente en marcha para apoiar os traballadores e as traballadoras por conta propia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 315f2, do 16.01.2026

 

 

 

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

 

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina