5.2 34797 (12/PNP-002566)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Lorenzo Gómez, Rubén e 9 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que non presente recurso contra determinados preceptos da Lei galega de medidas fiscais e administrativas de 2024 relativos á repotenciación de parques eólicos
Publicación da iniciativa, 263f1, 01.10.2025
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que retire, con carácter inmediato, o recurso de inconstitucionalidade contra determinados preceptos da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, en particular, contra aqueles que regulan o plan de axilización da dependencia e da discapacidade e as medidas relativas ao sector eólico en Galicia, en concreto, as referidas á repotenciación dos parques eólicos e á obriga de ofertar e vender en Galicia parte da electricidade xerada en beneficio directo da cidadanía e da industria galegas. Asemade, reclama que se respecte o autogoberno de Galicia que está a verse violentado na súa capacidade lexislativa polas decisións de bloqueo e impugnación promovidas polo Executivo central."
5.3 37785 (12/PNP-002767)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en relación coa aplicación e a dotación orzamentaria da Lei ELA
Publicación da iniciativa, 279f1, 05.11.2025
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España:
1.- Que asigne unha dotación orzamentaria suficiente e específica para facer efectivos de maneira inmediata os dereitos recoñecidos pola lei.
2.- Que a aplicación desta lei teña carácter retroactivo desde a súa entrada en vigor para que todas as persoas afectadas poidan beneficiarse das súas medidas de apoio".