A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 5 de febreiro de 2026, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 47320 (12/PNC-003717)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 7 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central en relación co fomento do diálogo social nas políticas de emprego e benestar e coa necesidade de adoptar os acordos por consenso
BOPG n.º 323f2, do 29.01.2026
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 6 votos en contra e 1 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reclamarlle ao Goberno de España a adoptar as actuacións necesarias para fortalecer o Diálogo Social como ferramenta chave para a elaboración de políticas de emprego e benestar, implicando activamente a empresarios e sindicatos e, ao igual que o novo decreto galego, adoptar os acordos por consenso e non por imposición, tal e como ven facendo o Goberno central nos últimos tempos"
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 42581 (12/PNC-003552)
Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia co obxectivo de manter a calidade asistencial do Centro de Saúde de Leiro, singularmente no referido á dotación de persoal de enfermaría
BOPG n.º 307f1, do 02.01.2026
Sométese a votación por puntos:
Puntos 1, 2 e 3: aprobación por unanimidade dos 16 deputados e deputados presentes
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Proceder de maneira inmediata á cobertura efectiva da praza de Enfermaría no centro de saúde de Leiro, garantindo a presenza de dúas profesionais de Enfermaría de forma estable.
2. Adoptar as medidas necesarias para asegurar unhas instalacións adecuadas que permitan o correcto desenvolvemento da actividade asistencial no centro de saúde de Leiro, en coordinación co Concello de Leiro como titular do inmoble.
3. Proceder, no prazo máximo de un mes, á cobertura efectiva da praza de Enfermaría no centro de saúde de Leiro, garantindo a presenza de dúas profesionais de Enfermaría de forma estable."
punto 4: resulta rexeitado por 7 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 38454 (12/PNC-003349)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de que cree a especialidade de Enfermaría de Urxencias e Emerxencias
BOPG n.º 286f2, do 19.11.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a creación da Especialidade de Enfermaría de Urxencias e Emerxencias"