Santiago, 2 de febreiro de 2026.- O Parlamento de Galicia gardou hoxe un minuto de silencio en repulsa contra a violencia machista, logo do asasinato dunha muller en Mos no día de onte.
A concentración, celebrada na escaleira exterior do Pazo do Hórreo contou coa participación do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, integrantes da Mesa da Cámara, portavoces dos grupos parlamentarios, deputadas e deputados e persoal da institución, e a valedora do Pobo.