saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 22 de xaneiro de 2026

A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 22 de xaneiro de 2026, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 24253 (12/PNC-002228)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Vázquez Suárez, Cecilia e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en relación coa axilización dos trámites para a homologación dos títulos universitarios estranxeiros

BOPG n.º 192f1, do 30.04.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que solicite ao Goberno de España que incremente, con carácter urxente, a dotación de recursos humanos e materiais co obxectivo de dar resposta eficaz á tramitación das solicitudes de homologación, de declaración de equivalencia ou de validación de títulos universitarios estranxeiros que están pendentes de resolución, tendo en conta ademais as recentes sentenzas do Tribunal Supremo.".

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 39038 (12/PNC-003421)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pomar Tojo, Carmen María e 8 máis

Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de que elabore o Plan de accesibilidade e de inclusión cultural de Galicia

BOPG n.º 290f1, do 26.11.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a crear o Plan de accesibilidade e de inclusión cultural de Galicia, para cuxas tarefas contará coa participación das entidades, públicas e privadas, máis representativas dos intereses daquelas persoas nas cales concorra algún factor de risco de exclusión cultural, e presentará nos vindeiros catro meses o correspondente calendario de actuación.".​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina