saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 22 de xaneiro de 2026

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 22 de xaneiro de 2026, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 37832 (12/PNC-003283)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pérez López, Noelia e 8 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en relación coa implantación obrigatoria do rexistro horario dixital nas empresas

BOPG n.º 279f1, do 05.11.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 7 votos en contra e 1 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que:

 

1.- Habilite liñas de axudas económicas e de asistencia técnica para autónomos, pequenas e medianas empresas que teñan que adaptarse ao novo sistema dixital de rexistro horario.

 

2.- Inclúa   ás   comunidades   autónomas   e   aos   axentes   sociais   no   proceso   de elaboración e implantación do decreto, garantindo un marco pactado, realista e respectuoso coas competencias autonómicas e coa negociación colectiva.

 

3.- Axuste a entrada en vigor da norma ao disposto no artigo 23 da Lei 50/1997, de maneira que se fixe  a súa aplicación o 1 de xaneiro ou o 1 de xullo posteriores   á   súa   publicación,   garantindo   un   período   suficiente   de adaptación."

 

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 39981 (12/PNC-003492)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rodil Fernández, Olalla e Valcárcel Armesto, Montserrat

Sobre a demanda ao Goberno galego da apertura dun diálogo coas persoas usuarias da residencia de maiores As Gándaras, de Lugo, para escoitar as súas opinións verbo das obras de remodelación previstas neste centro

BOPG n.º 299f1, do 11.12.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento insta a Xunta de Galiza a abrir un espazo de diálogo coas usuarias/os da residencia das Gándaras a respecto das obras de remodelación previstas neste centro co obxectivo de escoitar as súas opinións e preferencias ao respecto."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina