saltar ao contido

Santalices reivindica maior celeridade para tramitar propostas autonómicas no Congreso

Santalices reivindica maior celeridade para tramitar propostas autonómicas no Congreso

 

 

  • O presidente do Parlamento participou na reunión da Conferencia de Presidentes e Presidentas de Parlamentos Autonómicos (COPREPA) que se reuniu en Alcalá de Henares

 

  • Defendeu a cooperación entre as cámaras autonómicas e o Parlamento nacional para abordar os debates autonómicos

 

 

 

 

Santiago, 20 de xaneiro de 2026.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou hoxe, xunto cos seus homólogos doutras CCAA, na asamblea da Conferencia de Presidentes e Presidentas  de Parlamentos Autonómicos que se celebrou en Alcalá de Henares, e na que o plenario gardou un minuto de silencio en memoria das vítimas de Adamuz.

 

O presidente do Lexislativo galego defendeu a  necesaria cooperación parlamentaria entre as cámaras autonómicas e o Parlamento nacional para tratar de melllorar a inmediatez  do debate de toma en consideración por parte do Congreso das proposicións de lei que remiten os parlamentos autonómicos, logo de ser ratificadas por unanimidade

 

Por outra banda, os máximos representantes das cámaras lexislativas autonómicas comprometéronse a impulsar a transparencia, mellorar o control parlamentario, fortalecer a transparencia e abordar a transformación dixital.

 

.Na reunión de hoxe aprobouse tamén  o relevo na presidencia da COPREPA, na que Visitación Martínez, presidenta da Asamblea Rexional de Murcia substitúe ao presidente da Asamblea de Madrid, Enrique Ossorio.

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina