A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 16 de xaneiro de 2026, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 32072 (12/PNC-002803)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central relativas ao uso dos produtos fitosanitarios destinados á actividade agrícola
BOPG n.º 244, do 28.08.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que:
1. Axilice a autorización de produtos fitosanitarios de eficacia contrastada, especialmente os que xa están autorizados noutros países da Unión Europea
2. Fomente a investigación na industria fitosanitaria para desenvolver novos principios activos
3. Inste á industria fitosanitaria a continuar a produción de produtos autorizados de eficacia contrastada"
- 37003 (12/PNC-003223)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Casares Gándara, Juan Manuel e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxectivo de incrementar a cogobernanza na xestión dos fondos do Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia, nomeadamente os dirixidos á xestión forestal
BOPG n.º 272f1, do 22.10.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 2 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para
que aplique, en colaboración coas comunidades autónomas, un maior nivel de cogobernanza na execución dos recursos previstos no Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia (MRR) e, nomeadamente, aqueles dirixidos a unha xestión forestal sostible, incluída a loita contra os lumes, chegando incluso a transferir a Galicia os recursos correspondentes, de tal xeito que se favoreza un impacto máis positivo sobre o territorio e sexa posible acadar un maior nivel de execución destes fondos"