Santalices destaca o compromiso parlamentario coa inclusión das persoas con discapacidade
Santiago, 15 de xaneiro de 2026.- O presidente do, Miguel Ángel Santalices Vieira, asistiu hoxe a Xornada «Dez anos sementando inclusión» de ADIDO-Aspamadis, onde felicitou á asociación polo seu percorrido durante estos dez anos e o seu traballo diario para seguir sementando a ilusión e poñer en valor a economía social.
Para Santalices é crucial darlle visibilidade e recoñecemento os dereitos das persoas con discapacidade, para que estas poidan ter máis oportunidades e así acadar unha sociedade máis inclusiva e acolledora. Por iso, lembrou que todo o traballo que leva realizado a asociación ADIDO-Aspamadis en colaboración coa administración pública ten un mérito incríbel, para continuar impulsando accións positivas que garantan un mundo sen barreiras e accesible para todas as persoas con discapacidade.
O xefe do Lexislativo destacou o apoio que brinda o Parlamento de para visibilizar e defender os dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión na nosa sociedade. Neste sentido, explicou que o Parlamento conta cunha Comisión non permanente de estudo para o seguimiento das políticas relativas á discapacidade e elaboración de novas propostas a prol da participación activa.
Por outra banda, Santalices, engadíu na súa intervención que, dende o Parlamento, impulsouse un compromiso parlamentario para seguir recoñecendo os dereitos das persoas con discapacidade, a través dunha declaración institucional na que se reafirma o carácter prioritario da defensa e da protección das persoas que teñen capacidades diferentes.