A Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 15 de xaneiro de 2026, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 34441 (12/PNC-002998)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Sanz Arias, Cristina e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de que regule a presenza de oficinas bancarias e caixeiros para lle ofrecer á poboación os servizos financeiros básicos
BOPG n.º 263f1, do 01.10.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
Dirixirse ao Goberno central para que regule a prestación universal de servicios financeiros básicos ou esenciais, (oficinas e caixeiros) de xeito que se garanta a súa prestación para todos os usuarios, cunha calidade determinada e a un prezo asumible".