saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 4 de decembro de 2025

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 4 de decembro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 38432 (12/PNC-003346)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pérez López, Noelia e 8 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno de España respecto do modelo de atención nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal

BOPG n.º 286f2, do 19.11.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para:

1. Para eliminar no Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) a cita previa obrigatoria como requisito indispensable para a atención presencial, garantindo que calquera persoa poida ser atendida de maneira directa nas oficinas.​

2. Implantar un modelo de atención presencial flexible, como o aplicado polo Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), que permita compatibilizar a cita previa coa atención directa sen barreiras.".



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina