saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 28 de novembro de 2025

Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 28 de novembro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 34065 (12/PNC-002955)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxectivo de que autorice a creación dunha base permanente da Unidade Militar de Emerxencias (UME) na localidade de Toén

BOPG n.º 260f1, do 25.09.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España a creación dunha  base permanente da Unidade Militar de Emerxencias (UME) na localidade de Toén (Ourense), que axilizaría o despregue de medios de extinción fronte a futuros incendios forestais."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 26298 (12/PNC-002452)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que tamén inclúa no Plan estratéxico da PAC os efectos dos períodos de choivas persistentes sobre os terreos agrícolas

BOPG n.º 203f1, do 28.05.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento  de  Galicia  insta  á  Xunta  de  Galicia  a  demandar  ao  Goberno  de España que no PEPAC, dentro dos efectos orixinados polo cambio climático, tamén  se inclúan os efectos dos períodos de choivas persistentes que asolagan os terreos  impedindo a súa labranza e aproveitamento."​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina