saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria do 2 de decembro de 2025

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar a súa sesión o próximo día 2 de decembro de 2025, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 25 de novembro de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.

Informe anual do Valedor do Pobo correspondente ao ano 2024

(doc. núm. 38373, 12/IVAL-000002)

 Publicación do Informe anual, BOPG n.º 284, do 13.11.2025
  
Punto 2.Texto Lexislativo
  
 Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, sobre a Proposición de lei de modificación da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia (doc. núm. 27520, 12/PPL-000009)
 

Publicación do Informe da Ponencia, BOPG nº 286f1, do 19.11.2025

 

Punto 3.Comparecencia
  
 39184 (12/CPP-000075)
 Da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, por petición propia, para informar sobre o balance das actuacións en materia de vivenda no que vai de lexislatura
  
Punto 4.Mocións
  
4.139027 (12/MOC-000092)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla
 Sobre o exercicio da función inspectora da Xunta de Galicia en materia de servizos sociais (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 3345, publicada no BOPG núm. 24f1, do 15 de maio de 2024, e debatida na sesión plenaria do día 18 de novembro de 2025)
  
4.239137 (12/MOC-000093)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Carreira Pazos, Iria
 Sobre a situación actual en que se atopa a atención primaria da sanidade pública galega (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 38080, publicada no BOPG núm. 279f1, do 5 de novembro de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 18 de novembro de 2025)
  
4.339146 (12/MOC-000094)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Espinosa Mangana, María Elena
 Sobre as estratexias previstas polo Goberno galego para reducir as listaxes de agarda sanitarias, especialmente en consultas, cirurxía e probas diagnósticas (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 36479, publicada no BOPG núm. 272f2, do 22 de outubro de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 18 de novembro de 2025.)
  
Punto 5.Proposicións non de lei
  
5.137437 (12/PNP-002739)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Castro García, Daniel e 2 máis
 Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co fin de que consigne nos orzamentos de 2026 as partidas necesarias para rematar a construción da vía de alta capacidade Costa Norte
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 276, do 29.10.2025
  
5.237586 (12/PNP-002752)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Hermelo Piñeiro, María Dolores e 8 máis
 Sobre a demanda á Xunta de Galicia da elaboración e avaliación dun estudo técnico respecto das necesidades da comarca do Morrazo en canto aos servizos de atención sanitaria continuada e urxente
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 279f1, do 05.11.2025
  
5.337701 (12/PNP-002760)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Vázquez Suárez, Cecilia e 14 máis
 Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de que avance no desenvolvemento de ferramentas que garantan a neutralidade ideolóxica nas actividades dos centros de ensino
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 276, do 29.10.2025
  
5.438461 (12/PNP-002826)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
 Sobre diversas medidas que a Xunta de Galicia debe adoptar para asegurar a continuidade e a calidade asistencial dos servizos de pediatría, obstetricia e urxencias do Hospital Comarcal de Valdeorras
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 286f2, do 19.11.2025
  
5.538484 (12/PNP-002829)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Bouza Manso, Aitor e Longueira Castro, Silvia
 Sobre a demanda ao Goberno galego da realización dunha avaliación urxente verbo da dotación dos centros educativos públicos galegos de persoal coidador e de profesorado de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 286f2, do 19.11.2025
  
5.638724 (12/PNP-002859)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 6 máis
 Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co fin de que rexeite o plan industrial de Altri e desenvolva como alternativa plans de investimentos nos sectores económicos estratéxicos das comarcas afectadas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 286f2, do 19.11.2025
  
Punto 6.Interpelacións
  
6.134268 (12/INT-001236)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Insua Lema, Óscar e Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago
 Sobre os obxectivos do Goberno galego no que concirne á actualización da normativa en relación coa Administración local e co modelo de financiamento dos concellos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 260f2, do 25.09.2025
  
6.234662 (12/INT-001258)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Iglesias Rey, Patricia e Méndez López, Lara
 Sobre o rigor da avaliación do impacto medioambiental e socioeconómico na tramitación dos plans industriais estratéxicos (PIE) promovidos polo Goberno galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 263f2, do 01.10.2025
  
6.338717 (12/INT-001422)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
 Sobre as valoracións e declaracións que está a facer o Goberno galego verbo das resolucións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia relacionadas co sector eólico
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 286f2, do 19.11.2025
  
Punto 7.Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
  
7.139286 (12/POPX-000063)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Gómez Besteiro, José Ramón
 Sobre as previsións do Goberno galego en relación co enfoque que lles está a dar ás súas políticas de benestar
  
7.239287 (12/POPX-000064)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a situación da vivenda protexida
  
Punto 8.

Preguntas ao Goberno

 

8.135531 (12/POP-005149)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Iglesias Rey, Patricia e López Font, Carlos
 

Sobre as medidas que prevé tomar a Xunta de Galicia para garantir a suficiencia de prazas de autobús desde Carballo ata A Coruña

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 265f2, do 8.10.2025

 

8.239282 (12/PUP-000173)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Méndez López, Lara e Iglesias Rey, Patricia
 

Sobre a capacidade orzamentaria dos concellos galegos ante o progresivo aumento das súas competencias

 

8.335660 (12/POP-005157)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Golpe Acuña, José Manuel e 2 máis
 Sobre a política de protección do Parque Natural das Fragas do Eume por parte da Xunta de Galicia
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 268f3, do 15.10.2025

 

8.438768 (12/POP-005517)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Chao Rivas, Saleta e Fernández Davila, María Cristina
 Sobre as demandas da comunidade educativa do CEIP Monte dos Postes, de Santiago de Compostela, relativas á dotación deste centro de profesorado especialista e persoal coidador
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 287f1, do 20.11.2025

 

8.537777 (12/POP-005379)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
 Sobre a información facilitada polo Goberno central á Xunta de Galicia verbo do alcance dos fallos detectados en Galicia nas pulseiras antimaltrato de prevención da violencia de xénero
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 279f2, do 05.11.2025

 

8.638792 (12/POP-005520)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Méndez López, Lara e 2 máis
 Sobre a posibilidade de impulsar un convenio entre o Concello de Foz e o IGVS para construír vivenda de alugueiro social nunha parcela previamente adquirida pola Administración local desa vila
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 287f1, do 20.11.2025

 

8.739284 (12/PUP-000174)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Carreira Pazos, Iria
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia ante os problemas da sanidade galega no ámbito da atención primaria
  
8.829372 (12/POP-004397)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis
 Sobre o plan que o Goberno galego prevé implantar nesta nova lexislatura para o fomento da remuda xeracional no medio rural
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 228, do 05.08.2025
  
8.930693 (12/POP-004588)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fidalgo Iglesias, Miguel e 8 máis
 Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia respecto da previsión de fondos europeos pesqueiros na proposta do Marco financeiro plurianual 2028-2034
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 238f2, do 20.08.2025
  

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

 

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

 

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2025

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

P​residente​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina