saltar ao contido

Santalices sitúa a Galicia como destino enogastronómico de referencia

Santalices sitúa a Galicia como destino enogastronómico de referencia

 

 

  • O presidente do Parlamento de Galicia clausurou en Ourense a 26ª edicióndo Salón Internacional de Turismo Gastronómico 

 

Santiago, 23 de novembro de 2025.- O presidente da Cámara autonómica, Miguel Ángel Santalices Vieira, celebrou hoxe na clausura da 26ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico (XANTAR) o éxito desta feira que axuda a que Galicia siga sendo un dos principais destinos enogastronómicos de referencia.

 

O xefe do Lexislativo galego lembrou que este evento anual é a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico acreditada da Península Ibérica, o que o converte nun referente no sector. Trátase dun punto de encontro para profesionais e visitantes e dun espazo onde se mostran produtos agroalimentarios de calidade.

 

Na súa intervención, Santalices referíuse á problematica do aumento de ultraprocesados e a comida rápida na alimentación dos nenos, nenas e adolescentes como unha cuestión que se pode mellorar a través da concienciación social e familiar.

 

Por outra banda, recordou que Galicia é unha comunidade agraria, gandeira e pesqueira, o que permite ter unha variedade de produtos frescos e de temporada. Esta cultura gastronómica saudable, xunto á tradición culinaria, é un dos aspectos que beneficia á lonxevidade e á alta esperanza de vida “en especial nas provincias de Ourense e Lugo", apuntou.

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina