A vicepresidenta do Parlamento lembra que os conflictos armados poñen en perigo os dereitos fundamentais da infancia no mundo
Santiago, 21 de novembro de 2025.- A vicepresidenta 1ª da Cámara galega, Elena Candia, lembrou hoxe que un de cada seis nenos a nivel mundial vive actualmente en zonas de conflicto, o que supón un perigo para as súas vidas e os seus dereitos máis fundamentais como son a educación, atención sanitaria ou a ter unha infancia libre de violencia.
O Foro de Participación Infantil e Adolescente Parlamento de Galicia-UNICEF celebrado hoxe no hemiciclo do Pazo do Hórreo enmárcase na conmemoración do Día Mundial da Infancia, que lembra a aprobación da Convención sobre os dereitos do neno pola Asemblea Xeral da ONU o 20 de novembro de 1989.
Elena Candia, destacou que as campañas de concienciación que realiza UNICEF contribúen empatizar cos que máis sofren ou teñen maiores dificultades, o que axuda a moitos cativos a desenvolver a capacidade para comprender que existen realidades con maior vulnerabilidade para menores.
Na súa intervención, a vicepresidenta felicitou aos participantes e subliñou a importancia de fomentar o sentido crítico na etapa formativa dos máis xóvenes na era dixital na que vivimos.
O Pleno infantil contou coa participación de nenos, nenas e adolescentes representantes dos grupos e consellos locais de participación infantil e adolescente dos concellos de Burela, Cedeira, Moeche, Redondela, Nigrán, Ponteareas, A Laracha, Tomiño, O Rosal, Moaña, Tui, Teo e Val do Dubra.
No acto tamén participou o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, a presidenta de UNICEF Galicia, María Montalvo e representantes dos grupos parlamentarios.
Saúdos, Gabinete de Comunicación