A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 21 de novembro de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 38149 (12/PNC-003317)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fidalgo Iglesias, Miguel e 10 máis
Sobre as actuacións que a Xunta de Galicia debe levar a cabo para conseguir a coordinación necesaria co Concello de Vigo co fin de mellorar as condicións e a proxección do Camiño de Santiago nese concello
BOPG n.º 283f1, do 12.11.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 2 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que se dirixa ao Concello de Vigo para:
1. Permitir a sinalización oficial do Camiño de Santiago ao seu paso pola cidade, coordinándose coa Xunta de Galicia para a instalación de indicadores claros e visibles en puntos estratéxicos.
2. Revisar a postura do alcalde sobre o Camiño de Santiago, promovendo unha comprensión máis ampla dos beneficios culturais e económicos que este ruta achega a Vigo.
3. Fomentar a colaboración entre o Concello, a Xunta de Galicia e as asociacións de hostaleiros e de peregrinos para desenvolver unha estratexia de promoción do Camiño de Santiago en Vigo"