saltar ao contido

O CES entrega ao Parlamento a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2024

O CES entrega ao Parlamento a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2024

 

 

Santiago, 20 de novembro de 2025.- O presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Manuel Pérez Álvarez entregou  hoxe ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2024.

 

A memoria anual que elabora o CES, segundo o previsto nas súas competencias, estrutúrase en cinco capítulos principais que se ocupan do panorama económico; do mercado de traballo e as relacións laborais; do dinamismo do tecido produtivo; da calidade de vida e o benestar social; e dos recursos e capacidades para o desenvolvemento.

 

Esta análise tamén aborda asuntos como a evolución demográfica, a actividade e o emprego, a estrutura produtiva, a saúde, a pobreza, a cultura, o medio ambiente, a formación ou a investigación e tecnoloxía.

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina