saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria do 18 de novembro de 2025

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar a súa sesión o próximo día 18 de novembro de 2025, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 11 de novembro de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.Comparecencia
  
 38265 (12/CPP-000073)
 Da conselleira de Política Social e Igualdade, por petición propia, para informar sobre o avance na igualdade e na loita contra a violencia de xénero en Galicia
  
Punto 2.Mocións
  
2.138374 (12/MOC-000089)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández González, Ariadna
 Sobre as condicións laborais do persoal dos centros de discapacidade, dos centros de menores e das escolas infantís de Galicia (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 37225, publicada no BOPG núm. 272f2, do 22 de outubro de 2025, e debatida na sesión plenaria do 4 de novembro de 2025.)
  
2.238375 (12/MOC-000090)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Ríos Santomé, Paulo
 Sobre as previsións do Goberno galego no desenvolvemento do servizo de transporte público por estrada (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 36026, publicada no BOPG núm. 268f1, do 15 de outubro de 2025, e debatida na sesión plenaria do 4 de novembro de 2025.)
  
2.338430 (12/MOC-000091)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Longueira Castro, Silvia
 Sobre a postura do Goberno galego ante a defensa da cooficialidade da lingua galega no Parlamento Europeo (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 35488, publicada no BOPG núm. 265f2, do 8 de outubro de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 4 de novembro de 2025.)
  
Punto 3.Proposicións non de lei
  
3.134188 (12/PNP-002510)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Viso Diéguez, Miguel Ángel e 17 máis
 Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central respecto das medidas de protección fluvial nos espazos do seu ámbito competencial necesarias tras os incendios forestais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 260f1, do 25.09.2025
  
3.236011 (12/PNP-002643)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa Olalla e Rodil Fernández, Olalla
 Sobre as medidas que a Xunta de Galicia debe pór en marcha para reforzar o sistema público de loita contra a violencia machista
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 268f1, do 15.10.2025
  
3.336721 (12/PNP-002700)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Alfonzo, Ramón Tomás e 4 máis
 Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que mellore as conexións ferroviarias da comarca de Ferrol
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272f1, do 22.10.2025
  
3.437376 (12/PNP-002738)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Longueira Castro, Silvia e Espinosa Mangana, María Elena
 Sobre a demanda ao Goberno galego da presentación inmediata dun novo equipo e novas liñas de acción en materia de política social
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 276, do 29.10.2025
  
3.537885 (12/PNP-002780)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Castro Rey, Paloma e 2 máis
 Sobre as accións que debe pór en marcha a Xunta de Galicia para reforzar e actualizar as súas políticas contra a violencia de xénero
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 279f1, do 05.11.2025
  
3.637937 (12/PNP-002782)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
 Sobre as medidas que a Xunta de Galicia debe poñer en marcha co obxectivo de reforzar as súas políticas públicas contra a violencia de xénero e as demandas que debe trasladar ao Goberno central nesta materia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 279f1, do 05.11.2025
  
Punto 4.Interpelacións
  
4.13345 (12/INT-000223)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago
 Sobre o exercicio da función inspectora da Xunta de Galicia en materia de servizos sociais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24f1, do 15.05.2024
  
4.236479 (12/INT-001341)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Espinosa Mangana, María Elena e Longueira Castro, Silvia
 Sobre as estratexias previstas polo Goberno galego para reducir as listaxes de agarda sanitarias, especialmente en consultas, cirurxía e probas diagnósticas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272f2, do 22.10.2025
  
4.338080 (12/INT-001387)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 24 máis
 Sobre a situación actual en que se atopa a atención primaria da sanidade pública galega
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 279f1, do 05.11.2025
  
Punto 5.Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia
  
5.138517 (12/POPX-000061)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Gómez Besteiro, José Ramón
 Sobre os sectores sociais aos que se orientan as decisións e as políticas do Goberno galego
  
5.238518 (12/POPX-000062)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre as medidas que pensa adoptar o Goberno galego para afrontar os problemas que ten a sanidade no ámbito da atención primaria
  
Punto 6.

Preguntas ao Goberno

 

6.137730 (12/POP-005372)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Castro Rey, Paloma e Iglesias Rey, Patricia
 Sobre a postura da Xunta de Galicia respecto do convenio co Goberno central para o cofinanciamento da Unidade de Policía Adscrita de Galicia
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 279f2, do 05.11.2025

 

6.237487 (12/POP-005332)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Vidal Lamas, Sonia e 2 máis
 Sobre as garantías que a Xunta de Galicia prevé achegar na tramitación da planta de biometano de Xunqueira de Ambía
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 276, do 29.10.2025
  
6.335332 (12/POP-005107)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Taibo Corsanego, Iria e Fernández Davila, María Cristina
 Sobre a dotación de profesorado do CEIP Valle-Inclán, do concello de Oleiros, no curso 2025-2026
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 265f2, do 08.10.2025
  
6.437682 (12/POP-005458)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Vázquez Suárez, Cecilia e 8 máis
 Sobre a valoración que fai o Goberno galego respecto da remisión aos centros de ensino de material didáctico orientado ideoloxicamente por parte de determinadas organizacións sindicais e políticas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 276, do 29.10.2025
  
6.538483 (12/PUP-000167)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 García Comesaña, Julio e 8 máis
 Sobre o preacordo acadado polo Goberno galego coas tres universidades públicas galegas sobre o futuro dos estudos de medicina
  
6.637608 (12/POP-005456)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis
 Sobre a postura actual do PSOE no Congreso dos Deputados en relación coa transferencia a Galicia da titularidade da AP-9
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 276, do 29.10.2025
  
6.738471 (12/PUP-000166)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Espinosa Mangana, María Elena
 Sobre as razóns da Consellería de Sanidade polas que non retirou o documento "Liñas de actuación de recursos humanos en atención primaria. Medidas", presentado na mesa sectorial do 17 de outubro de 2025
  
6.838515 (12/PUP-000168)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Fernández, Secundino
 Sobre a planificación prevista polo Goberno galego para evitar a erosión dos terreos queimados no incendio de Valdeorras e a consecuente contaminación de acuíferos e da auga para a subministración domiciliaria
  

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

 

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

 

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2025

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina