A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 17 de novembro de 2025, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 11 de novembro de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto único. Textos lexislativos
| 1.1 | Debate de totalidade do Proxecto de lei de orzamentos xerais da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2026 (doc. núm. 37243, 12/PL-000010) |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 271f2, do 20.10.2025 Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 282, do 11.11.2025
| |
| 1.2 | Debate de totalidade do Proxecto de lei medidas fiscais e administrativas (doc. núm. 37244, 12/PL-000011) |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 271f3, do 20.10.2025 | |
| Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 282, do 11.11.2025 |
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2025
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente